AXUDA

Rematamos
- Valoración do traballo desenvolvido ao longo do ano en Proxecto Interdisciplinar.
- Que cambios se poderían facer para melloralo o próximo curso?
- Valoración xeral do curso 2014/15.
- Que modificacións farás na túa planificación para o ano que vén?
- Proxectos que tes para este verán.

Esculturas de area na praia
- Cando?
- Onde?
- Quen?
- Por que?
- Explica o teu proxecto: bocexo inicial, grupo co que traballaches, materiais empregados, desenvolvemento do traballo e descrición do traballo final.
- Que che pareceu a experiencia? Que valoras máis do aprendido?
 

No Día das Letras Galegas
- Explica que actividades se fixeron a semana pasada relacionadas con esa conmemoración (maios, actuacións, lecturas, a palabra máis fermosa...)
- Por que se escolleu o 17 de maio para celebrar o Día das Letras Galegas?
- Dende cando se celebra? A quen se lle adicou ese ano?
- A quen se lle adicou no ano 2015?
- Que criterios mínimos se seguen para elixir a un homenaxeado?
- Quen o decide?
- Di o nome doutros autores aos que se homenaxeara neste día e que a ti che resulten coñecidos. En que ano ocorreu? Por que os coñeces ti?
 
Crítica dun libro
Fai unha valoración dun libro que leras recentemente. Nela podes incluír:
- Título e autor.
- Cando o liches? Canto tempo che levou rematalo? Por que o elixiches?
- Argumento, facendo referencia aos personaxes, lugares, tempo...
- Opinión que tes sobre el:  que foi o que máis che gustou, que aprendiches con esa lectura, dificultades que atopaches para comprendelo, que cambios lle farías ti...
- Recomendas aos teus compañeiros a súa lectura?
- Busca unha fotografía da súa portada e engádea a esta crítica.

Animal raro ou animal favorito
- Busca información sobre un animal que por algún motivo che resulte interesante ( por diferente, bonito, curioso...)
- Explica por que o escolliches.
- Descríbeo e explica a súa procedencia, os seus hábitos, coidados, alimentación...

Banda deseñada
- www.playcomic.es

Utiliza o modelo de 5 viñetas.
- Emprega diferentes planos ou encadres: plano xeral (preséntasenos todo o contorno), enteiro (vemos o corpd enteiro dos personaxes), americano (enfócanos o tronco e a cabeza), primeiro plano (só vemos o rostro do personaxe) ou plano detalle (móstranos unha parte pequena moi preto).
- Ten que haber algún globo con texto.
- As cartelas son os espazos que reproducen as palabras do narrador. Tes que incluír algunha.
- Os signos cinéticos serven para crear a sensación de movemento. Non esquezas poñer algún.
- As onomatopeas son a imitación dun son. Fai que apareza algunha no teu cómic.
 

A Arribada
- Cando se celebra? 
- Dende cando?
- Que se conmemora?
- Que se fai en Baiona? (traxes, postos de..., obradoiros, actividades e representacións)
- Que che gusta máis desta festa? E menos?
- Fas ti algo especial esa fin de semana?
- Que outras festas históricas se celebran en Galicia? Busca información sobre elas (Reconquista, Feira Franca, Festa da Historia...)

Obradoiro de Matemáticas
- Cando?
- Quen?
- A onde? (lugar e descrición)
- Que tarefas relacionadas fixestes antes de ir a ese obradoiro?
- Nomea e explica as actividades alí feitas.
- Cal che gustou máis a ti? Por que?

Unha depuradora con material de refugallo 
- Como xurdiu esta idea?
- Que materiais precisastes?
- En que orde deben ir colocados? Por que?
- Para que serviu?
- En que pode empregarse a auga obtida deste xeito?
- Que vantaxes e inconvenientes lle atopas a este tipo de depuradoras?

Entroido 2015
- Como se celebrou esta festa no cole? (explica cando vos disfrazastes, de que ían vestidos os diferentes cursos, como foi o desfile e a actuación do conxunto instrumental, presentación, etc.)
- Explica detalladamente como foi o proceso para decidir o disfrace da túa clase, como o elaborastes (materiais, pinturas, complementos), escenificación no pavillón, que aprendiches con isto...
- Opinión e propostas de mellora.

Concurso literario "Dolores Agrelo"
- En que consiste?
- Que bases debe cumprir? ( lingua, extensión mínima e máxima, tema, cursos aos que vai dirixido...)
- Cando se dan os premios? En que consisten?
- Quen gañou esta edición?
- Escribe polo menos 3 preguntas para o(s) gañador(es) da túa clase.
- Que outras actividades se fixeron no centro con motivo do Día da Paz? (concerto, grous, exposicións...)

Lugares visibles dende o espazo
Hoxe toca traballo de investigación! Primeiro tedes que pararvos a pensar que lugares naturais (ríos, montañas, precipicios...) e construción humanas (murallas, megamonumentos...) se poden ver dende o espazo. E despois comprobades se atinastes. Atoparédesvos con algunha sorpresa, coma por exemplo a dos campos de invernadoiros de Almería.
Lembrade incluír algunha fotografía curiosa.
 
Propósitos para o novo ano
- Gústache o Nadal? Por que?
- Como transcorreron estas festas para ti?
- Que cousas quere facer normalmente a xente cando  comeza un ano novo? Nótase na publicidade que sae nos medios de comunicación?
- Que proxectos de cambio tes ti? Por que?
- Xa intentaches levalos a cabo antes? Cres que desta vez o conseguirás?
- Se che dá tempo podes facer un póster no que escribas eses propósitos.

O universo nas nosas mans
- Explica en que consiste o traballo que tivestes que facer para Ciencias. 
- Cales foron as pautas que tivestes que seguir?
- Como foi o proceso de elaboración do teu traballo?
- Canto tempo che levou facelo aproximadamente?
- Axudouche alguén?
- Que materiais empregaches?
- Que parte che resultou máis difícil? E máis divertida?
- Que aprendiches facéndoo?
- Que fixestes con todos os traballos?
- Hai algún que che gustara especialmente? Por que?

De excursión ao Faro de Vigo e algo máis...
- Quen?
- Con quen?
- Cando?
- A onde?
- Que vimos? (descrición pormenorizada de onde estivemos, que aprendemos...)
- Valoración persoal desa saída educativa.

Celebramos o Magosto
- Cando foi?
- Onde se estivo?
- Quen participou?
- Que xogos tradicionais se fixeron? Quen se impilicou nas explicacións e participación?
- Explica en que consiste o concurso Cova Chef, facendo referencia ás bases do concurso, produtos presentados...
- Que non debe faltar nunca nun magosto?
- Calquera outra cousa que estea relacionada co tema.

Tema libre
Hoxe podes escribir sobre un libro, película, serie, cantante, grupo, equipo de fútbol... que a ti che guste. Deberás buscar información sobre a súa historia ou traxectoria e explicar por que che gusta tanto a ti.

Enredando en Internet
- Que supón internet para ti? (cando o empregas, para que...)
- Que significa www ao comezo do nome das páxinas web?
- Que son os dominios? Para que serven?
- Explica o significado de: .es, .com, .net, .org
- Hai algún dominio especial para Galicia? 
- Cal é o significado da arroba (@) en informática? En que nos aparece sempre?

Os premios Nobel
- Que son?
- En que disciplinas se conceden?
- Dende cando se dan?
- Que dotación económica reportan?
- Onde e cando se entregan? 
- Por que se chaman así?
- Por que quixo o seu creador poñer en marcha esta iniciativa?
- A que españois se lles concedeu este galardón?
- Que organización recibiu 3  veces este premio?
- Investiga a quen se lle concedeu este ano o Nobel da Paz.

Casas diferentes
- Como adoitan ser as casas no lugar onde ti vives?
Que requisitos debe cumprir unha casa para ti?
- Noutras latitudes:
          *os iglús  
          *casas tradicionais de Islandia
          *cidades subterráneas
             
Presentación
- Le as presentacións feitas nos pasados cursos que están na lapela "Quen somos?".
- Colexio, curso, número de alumnos, grupos...
- Que me gusta facer tanto na escola coma no tempo de lecer.
- Descrición do proxecto: materia, traballo (redacción, blog...)
- Valoración do traballo feito polos compañeiros nos cursos pasados.
- Opinión inicial do proxecto.
- Temas sobre os que me gustaría investigar e escribir.

Non lembras as partes que debe ter unha noticia ou as preguntas ás que debe responder? Aquí tes un recordatorio para refrescar ideas.

 
View more presentations from laurafernanlopez