26/05/2014

E ti de quen vés sendo?

José María Mur / 1º ESO B
-------------------------------------
Ultimamente co recente éxito que está tendo a película de “Ocho apellidos vascos” estase falando moito dos tópicos que hai sobre os habitantes das diferentes Comunidades Autónomas de España.
Os tópicos son ideas estereotipadas dun lugar común que non debemos ter en conta.
Acostuma dicirse que os vascos son uns brutos, os cataláns uns agarrados ou os madrileños uns chulos... e se escribes en Google "os galegos / cataláns /vascos son..." xa cho completa el con eses tópicos que non se corresponden coa realidade.
Pero a miña “burrada favorita” é a definición que ten a palabra GALLEGO no Diccionario da Real Academia Española que o pon como sinónimo de parvo en Costa Rica ou de tatexo no Salvador e iso enfádame moito, pois eu son un galego.
Pero non so hai tópicos sobre as Comunidades, senón tamén de toda España e mesmo nalgunhas guías de viaxe aparecemos como se todos durmiramos a sesta, nos gustasen os touros ou comeramos tortilla de patacas a diario.
O que aprendín disto é que non podemos xulgar a todos por igual, cada persoa é diferente aínda que viva nun lugar común.

Entre dous mundos

Cristina Miniño / 1º ESO B
-----------------------------------
Non sei se algunha vez o pensastes pero hai países ou cidades que pertencen a dous continentes ou a dous países. É algo curioso, verdade? Por exemplo España está en dous continentes: en Europa e en África.
O máis curioso é que hai cidades que están entre dous continentes como por exemplo Estambul (a metade da cidade está en Europa e a outra metade pertence a Asia).
As fronteiras serven para marcar os límites dun país, continente, comunidade, etc. doutro. Esas fronteiras poden ser naturais (montañas, ríos) ou artificiais (liñas imaxinarias).
Tamén hai cidades que pertencen a dous países, como Baarle que é unha cidade metade holandesa metade belga. Algunhas das súas casas, comercios ou xardíns están nun país e outras, noutro. Nas rúas hai unhas cruces brancas pintadas sobre o asfalto que marcan as fronteiras. A pertenza de cada casa a Holanda ou a Bélxica depende do lado no que estea a porta. No caso da que a cruz que marca a fronteira caia na metade da porta, a vivenda terá dous enderezos postais e pagará impostos onde queira.

21/05/2014

Pepe Carballude visita o CPI de Covaterreña.

Miriam Rouco, Vera Rodríguez/1ºC
------------------------------------------------

O pasado martes, día 13 de maio, nós, os alumnos de 1ºESO, puidemos disfutar da visita do autor Pepe Carballude. A razón desta visita era que todo o alumnado de primeiro leu ao longo destas avaliacións o libro O Deus desaparecido, escrito en colaboración con Andrés García Vilariño , cuñado seu.
Falounos sobre os seus logros, os comezos da súa dedicación a escritura e experiencias en xeral.

Foi bastante entretido. Contounos que cando era pequeno o seus pais non se podían permitir que estudara, polo tanto Pepe intentou por todos os medios sacar as mellores notas para que lle concederan  becas. Demostrounos que se queres podes conseguilo.
Despois de que o autor rematara de resumir un pouco a súa historia, comezamos coas preguntas ata que chegou a hora de despedirnos.  A min por exemplo gustoume unha das súas respostas: “eu prefiro que os temas me chamen a min, e non ter que chamalos eu”. Finalmente, algúns rapaces  pedíronlle   que lles asinara exemplares de O Deus desaparecido e el moi amable fíxoo.

19/05/2014

Que non te podes perder!

Carla Penedo/1ºC
--------------------------------
Non vos podedes perder un bacadillo de xamón da Cañiza, (vila que está entre as provincias de Pontevedra e Ourense). Está boísimo e custa sobre dous euros. Ten un sabor incomparable. Vale a pena comelo!
Eu sempre que vou a Zamora, ao volver  paramos nesta vila a saborear este delicioso bocado. Teñen moita xente. O negocio  saíulle moi ben.
Outra comida que tedes que probar é a hamburguesa grande
do Baioca, en Baiona. É enorme. Unha completa trae: o pan, queixo, a carne, leituga, xamón york, tomate e cebola. Está moi boa.

Sandra Trigo/1ºC
-------------------------------
Non me poderia perder un gran día na praia cos amigos. Alí comemos,  bañámonos, imos á Doca, xogamos coas pas ou ao voleilol. Eses días marcan a diferenza xa que rimos moito e pasámolo ben.

Anxo Uzal/1ºC
-------------------------------
O que nunca poderás perderte, e máis se es pontevedrés, será ir as pozas do Rosal situadas No concello do Rosal nas Rías Baixas. Se queres gozar dese sitio e recomendable que vaias en temporada de verán, para poder bañarte e disfrutar dun día intenso.
As súas augas son moi cristalinas. Non todas as pozas non son iguais: algunhas son máis cómodas para nadar e para tomar o sol, metres que outras son difíciles chegar a elas, incluso inseguras.
Os que van normalmente son os que coñecen moi ben o lugar  porque chegar ata elas non sempre é fácil xa que están nun sitio moi apartado.
Hau pozas para nudistas e   pozas para non nudistas.

 Sabas Vázquez/1º C
--------------------------------
 Canarias é un sitio que non te podes perder. Ten un clima tropical que é algo que me gusta moito. En Tenerife, que é onde fun eu, había parques acuáticos, eu fun a un que me gustou moito que se chama Siam Park. Recomendo pasar por este parque acuático se vides a Tenerife. Tamén fun ao Loropark o que recomendo tamén. Por último recomendo ir ao hotel  Be Live Playa La Arena, alí  podes encontrar dúas piscinas cun tobogán, ao lado das piscinas hai un “posto” onde podes coller granizados, refrescos, patacas fritas... E por ultimo un buffet onde almorzas, comes e ceas. No hotel  atopamos tamén bares, pista de  tenis e un minigolf.

Laura Varela/1º C
--------------------------------

Non te podes perder a película Lo imposible. É unha película moi emocionante,  pero se tes a lágrima frouxa será mellor que non a vexas. A verdade é que a pesar de ser moi triste, trátase dunha película  impresionante. Eu vina nunha festa de pixamas dunha amiga, chorei máis que nunca .
A película trata dunha familia que se vai de vacacións en Nadal,  a Tailandia, pero teñen a mala sorte de sufrir as consecuencias dun "tsunami".
A historia baséase en feitos reais. Recoméndovola porque é realmente preciosa.

06/05/2014

Onde vivo?

Ángel Rodríguez/1ºC
------------------------------
Eu vivo  na rúa San Antón no camiño Silveira, moi preto da autoestrada. O nome da rúa combina o nome dun santo co dunha planta moi común á beira dos camiños. É unha rúa pequena  na que non vive moita xente. As vantaxes de vivir aquí son que case non hai ruído, non teño moi lonxe o colexio e os meus veciños son case todos familiares.
Tamén nos aforramos diñeiro en verduras porque as podemos coller na horta dos meus avós.
E un sitio moi bo para vivir pola tranquilidade. 


Anxo Uzal/1ºC
-------------------------------
Vivo nunha vila moi bonita e interesante como Baiona. É interesante porque ten moita historia. Concretamente, eu vivo nunha rúa moi interesante: San Xoán. Recibe o nome dun dos santos máis celebrados.
Dende o meu ático non se ve moito porque os tellados das casas tapan o chan. O único que se ve  un pouco é a Doca do parador e o mar que a rodea.
Na rúa non hai ningún comercio, pero algún bar si.
Está no pleno centro de Baiona, pero non hai moito ruído.
Na  rúa  coñecémonos todos. É moi amigable e ademais os veciños tratánvos (se Ides  vivir alí) moi ben.      
 Aarón Vasconcellos/1ºC
----------------------------
Eu vivo en Baredo, unha vila que pertence a Baiona. É unha das parroquias máis rurais. Está bastante apartado do centro do concello. Os de Baredo din que hai dúas partes : Baredo de Arriba (onde vivo eu ) e Baredo  de Abaixo.
Baredo está situada en dirección  A Guarda, concretamente a man esquerda. Dende a estrada pódese ver parte desta parroquia xa que queda nun outeiro desde o que se ten unha vista da paisaxe mariña fantástica . Baredo ten sitios moi bonitos como o paseo fluvial, lugares onde podes ir comer como O chan da Lagoa e tamén gozar do deporte como  os campos de fútbol. 




Carla Penedo/1ºC 
------------------------------ 
Eu vivo en Baiona na urbanización Praia Santa Marta. Este nome vén da praia Santa Marta que está un pouquiño máis abaixo. Gústame vivir aquí porque non hai ruídos e ademais ten unhas vistas moi bonitas de toda a praia, parte do porto deportivo e incluso un anaco da ribeira do Concello de Nigrán.
A urbanización está formada por edificios  6 pisos cada un. No meu bloque só vive a miña familia e outras tres persoas.

Levo dende pequeniña vivindo aí,  por iso me gusta moito e non quero cambiar de casa. Incluso podo disfrutar da festa que se celebra en honor a Santa Marta en xullo.

Sabas Vázquez/1ºC
---------------------------------
Vivo na rúa Carabela la Pinta. O nome da rúa está relacionado cunha das embarcacións que pilotaba un dos irmán Pinzón no descubrimento de América.
A rúa está ao lado dunha panadería, pero nela tamén podemos atopar  tendas  de roupa, un banco,un restaurante, unha farmacia e unha librería. É unha lugar moi comercial por iso ten moita vida. Outra cousa que lle dá a rúa atractivo é o feito de ter  unha praia practicamente ao lado.
A vila de Baiona non ten moita poboación, non obstante nesta rúa vive un gran número de baioneses. 

Jerónimo Pereira/1ºC
-------------------------------------------
Eu vivo en Belesar, concretamente en Medialdea. É un barrio que está rodeado polos barrios  de Urgal, A Granxa e A Estivada, por iso  o seu nome. A miña rúa está no Camiño da Tomada.  Chámase así porque ao lado hai unha tomada moi, moi grande.
O contorno é moi rural.  Non hai edificios ningúns nin tendas, pero o que hai son centros culturais, catro casas rurais,  un pequeno supermercado; tamén hai unhas ruínas dos colexios antigos.
Non ten moita poboación a pesar de ser unha parroquia bastante extensa.
Belesar, o que ten de especial é o monte que a rodea, destacando A Serra da Groba, ademais ten preto Baiona, Nigrán e Tomiño.

laura Varela/1ºC
----------------------------------------

Eu podo dicir que teño unha das casas máis bonitas que se poden ter .
Non é que sexa unha casa moi grande, pero para min é perfecta. Está situada no barrio Illas Cies, o nome simplemente provén das Illas Cies. É un sitio estupendo, sempre esta tranquilo  e ten unhas vistas moi bonitas.E un lugar moi bo para ter animais porque hai moitos espazos verdes para sacalos a pasear.