24/03/2014

Obradoiro de Matemáticas

Rosalía Martínez / 1º ESO B
----------------------------------
Todos os nenos do colexio estivemos facendo semanas atrás uns cubos para despois unilos e facer uns máis grandes. Nós, o alumnado de 1º da ESO, fomos o día 14 de marzo a Vigo a entregar ese gran cubo chamado “Esponxa de Menger”.
Unha vez entregada a esponxa, participamos nun obradoiro de Matemáticas con oito espazos diferentes: nun podiamos xogar coas calculadoras, noutro facer formas con cubos chamados somas,  noutro cuns ordenadores (estivemos resolvendo xogos de lóxica), no seguinte fixemos tangrams, noutro tiñamos que resolver problemas, nun xogabamos cuns espellos, noutro faciamos pentaminós e,  xa no último, fixemos xogos de estratexia.
O que máis me gustou desta saída foron os pentaminós e o edificio onde se fixo o obradoiro, a sé da Fundación Barrié, que era moi moderno.

Sem comentários:

Enviar um comentário