26/02/2014

Unha artista na familia

Laura Varela/1ºC
-----------------------------------------------------------

Quen ten a sorte de poder dicir que na súa familia hai un artista? Eu si teño  esa sorte.
A miña nai, chámolle artista. Ela é neuróloga, pero gústalle pintar dende que tiña sete anos. Os meus avós non lle podían pagar as clases, pero como a miña avoa era  deseñadora puido ensinarlle un pouco.

Creo que é unha artista, xa que pinta sen pensalo. Sáelle de dentro e iso non o consegue calquera persoa. Ela pinta por afección, porque lle gusta, non para gañar cartos; de feito a maior parte dos seus cadros están na casa e outros na casa das súas amigas, xa que regala algúns dos seus cadros. Ela non é un picasso,  pero pinta moi ben. Un dos cadros que pintou é o “O bico” de Klim, quedoulle bastante ben, tamén pintou algúns cadros orixinais, destacando un titulado “Os meus nenos”. É un cadro no que estamos pintadas  eu e a meu irmá .

21/02/2014

San Bartolomeu de Meira

Vera Rodríguez/1ºC
-------------------------------------------------

San Bartolomeu de Meira fundouse no 1979. É un dos clubs de remo máis importantes de Galicia e atópase no porto de Moaña, comarca do Morrazo.
O remo é o deporte por excelencia nesta terra, onde se encontran dous dos clubs máis salientables: S.D.Tirán, que na actualidade compite na liga Act de traineras, a categoría máis alta do remo estatal, e a S.d San Bartolomeu de Meira, que compite na liga galega de traíñas.

Entrevista a un remeiro
Óscar Rey (ursus) é intregante do club de remo San Bartolomeu de Meira. Leva 12 anos formando parte do equipo, e con eles conseguiu gran parte dos títulos que posúe o club:
  • 4 ligas galegas
  • 4 Teresa Herrera
  • 4 bandeiras de Corte Inglés
  • 2 principe de Asturias

P.- Cantos remeiros sodes actualmente no equipo?
R.- Somos 20, aínda que nas competicións de trainera somos 13 mais o patrón.

P.- Como son os adestramentos?
R.- Adestramos 2 horas todos os días, 11 meses ao ano, incluídos os sábados e domingos. Cando estamos cerca dunha competición a preparación faise no mar.

P.- Canto mide un campo de regatas?
R.- O campo de regatas mide 5.556 metros, tres millas náuticas.

P.- Cal é o mellor equipo de remo de España para ti?
R.- Este ano o mellor equipo foi Kaiku, aínda que Urdabai tamén é moi bo. Curiosidades da vida fai que o primeiro equipo estea formado por cinco galegos e no segundo por sete, algúns deles antigos compañeiros de Meira.

P. - En que pensas cando remas, Óscar?
R.- En nada, só en gañar.


P.- Tes algún amuleto?
R.- Pois nunha das primeiras regatas nas que participei deume unha lipotimia, un baixón de azucre, aínda así gañamos igual, dende ese día sempre remo cun azruquiño no culotte, (risas) e non perdemos nin unha regata nesta temporada.

P.- Que significa “champa”?
R.- Champa é unha palabra que o patrón grita cando faltan 500 metros, medio longo para chegar á meta, iso quere dicir que temos que botar o resto.

P.- Cal é o título conseguido o que lle tes máis cariño?
R.- Sen dubidalo, á primeira liga galega gañada no 2004. Só eramos 14 remeiros, ninguén daba un duro por nós, non obstante gañamos todas as regatas.

P.- Cal é o obxectivo para este ano?

R.- Pois o obxectivo principal é gañar a liga galega; se conseguimos isto, imos o Play Off. Os dous mellores equipos entrarán na liga Uasca, Act. O que sería un colofón especial da temporada para participar na bandeira de Concha, vaia,  un soño!  

13/02/2014

Preparando un flashmob para o Día da Paz

Alba Carneiro / 1º ESO A
---------------------------------
O alumnado de 1º de ESO preparamos un flashmob para o Día da Paz.
Estivemos ensaiando durante algúns recreos e tamén vimos vídeos dun que se fixo na rúa do Príncipe de Vigo no Nadal, no que actuaron centos de persoas e e que me encantou.
Ademais dos rapaces e rapazas de 1º, tamén van participar algúns dos profes máis atrevidos e gustaríamos que se unira toda a xente que estea nese momento no patio. A canción que se escolleu é “Hai razóns para crer nun mundo mellor” do grupo Young People's Chorus, que aparece no anuncio de Coca-Cola no 2011.

Un flashmob consiste en que moitas persoas de xeito coordinado fagan unha coreografía, ou algo que sexa pouco común, e logo se dispersen rapidamente. A primeira vez que se fixo foi en Manhattan no ano 2003. Facendo isto preténdese que a xente se divirta pero tamén chamar a atención sobre un feito e facer que a xente o coñeza ou reflexione sobre el.

Coleccinar

Laura Varela/1ºC
----------------------------------------------
Porque será que a xente colecciona ?
Xa sabedes que se pode coleccionar calquera tipo de obxecto dende o máis sinxelo coma chapas , cromos, libros… , ata as máis estrañas coma cabelos de animais, torradoras, letras; pero dende logo a colección máis rara que eu encontrei é a de Devorah Conat que colecciona comida queimada .

Pero por que se fai isto? Parece ser que é pola identidade de cada persoa, xa que cada colección forma a unha persoa e tamén porque a xente que as fai pensa que esa colección é parte del mesmo. Eu por exemplo si teño una colección. Colecciono as típicas boliñas das que cae neve. Teño unha de cada país ao que viaxei e non me gustaría acabar a miña colección nunca ... Eu empecei cando a miña nai comprou a primeira, que rompín ao pouco tempo; dende entón sentín que a colección era parte de min e agora xa teño 24 boliñas e sigo coleccionando ata que chegue a ter máis de 200 .

06/02/2014

O Erizana

Carlos Rivera, Ángel Rodriguez, Aarón  e Sabas /1ºC
-----------------------------------------------------------------------

O Erizana Fútbol Club é un club deportivo con gran tradición  que actualmente xoga un papel fundamental, xunto con outros organismos deportivos para a promoción e desenvolvemento do deporte de base no Concello de Baiona. Este obxectivo de promover o deporte, xunto coa mellora das instalacións deportivas (municipais) e  aumentar o nivel competitivo dos seus equipos  son a base do seu  plan de traballo.
Este club participa en distintos torneos coas súas ligas de 1ª, 2ª e 3ª división. Os rapaces e rapazas  adestran varios días á semana para competir todas as fins de semana.
Unha das xogadoras deste equipo é unha alumna deste centro, trátase de Beatriz López, "Betty", alumna de 2º de ESO,  á que tivemos o pracer de facerlle unha entrevista.

Carla Penedo, Lucía Rodal, Miriam Rouco e Sandra Trigo /1ºC
--------------------------------------------------------------------------------
Entrevista a Beatriz López

P.   -Cando empezaches no equipo?
R.  -A temporada pasada, pero xa xogara antes.

P.  -Por que elixiches este deporte e non outro?
R. -De pequena xoguei, pero deixeino. Logo practiquei outros deportes, pero   este era o que quería practicar. Pódese dicir que o levo no sangue.

P.  -Hai máis rapazas no equipo?
R. -Ao principio da temporada había unha, pero por razóns descoñecidas      deixouno. Aínda así,  adestro tamén coas xogadoras maiores do neu club.

 P.  -Ganaches algo importante?
 R. -De momento non, pero estamos loitando por un título e polo ascenso.

P.  -Custouche integrarte?
R. -Si, pódese dicir que aos rapaces pareceulles raro que unha nena puidera    xogar, quizais estaba un pouco presente o machismo.

P.  -Estás de acordo coa túa equipaxe?
R. -As colores e o estilo gústanme, pero o malo é que as camisetas da nosa     categoría non teñen escudo.

P.   -Cantos goles marcaches nesta temporada?
R.  -Ningún, pero non é que me importe moito; a min impórtame máis o equipo. E o meu traballo é evitar que metan goles.

P.  -Lesionacheste algunha  vez?
       R. -Non.

P.  -Como celebras os goles?
R. -De momento non levo ningún gol, pero acostumo dedicarlle os goles ao meu   pai que é o que sempre está aí.

P.  -En que posición xogas?
R.  -Xogo de lateral dereito ou esquerdo.

P.  -Cal é o teu xogador favorito?
R. -É complicado decidir só un, os meus xogadores favoritos son Iniesta e    Messi. E a xogadora é a nosa paisana Verónica Boquete, un exemplo a seguir.

P.  -É bo o teu adestrador?
R. -Para min é o mellor. É traballador, ensínache valores  como: o xogo en  equipo, o respecto cara aos demais e que a constancia dá os seus froitos… Uns din que esixe moito, pero eu creo que iso é necesario.

P.  -Poderás conseguir un balón de ouro?
R. -Isto é un dos meus soños, pero é case imposible. Para gañar isto, hai que ser unha estrela e eu non o son, non obstante seguirei traballando para mellorar.
  


Sen el ou ela o mundo sería distinto

Miriam Rouco/1ºC
--------------------------------------------------------

Pensade un momento, neste mundo hai cousas das que non podemos prescindir e unha desas é básica, de feito todas as grandes cidades a necesitan para o consumo; todo o que coñecemos está relacionado con ela. É si!, é a electricidade. Sen ela todos os aparellos eléctricos e electrónicos non funcionarían.


Neste caso a electricidade non a creou ninguén, existe dende que existe a terra, un dos descubridores foi Tales de Mileto, un filósofo grego que intuíu a existencia deste tipo de enerxía, tamén podemos nomear a Stephen Gray, físico inglés que estudou a condutibilidade dos corpos e foi o primeiro en transmitir electricidade a través dun condutor en 1729.
Benxamin Franklin investigou os fenómenos eléctricos e inventou o pararraios. Pero un dos maiores descubridores de todos os tempos foi Tomas Edison, el creou a bombilla e asociou os seus inventos coa electricidade, marcando un antes e un despois na sociedade moderna.


Carla Penedo/1º C
--------------------------------------------------------------

Para min Levi Strauss e Jacob Davis son dúas das personas máis  destacadas na historia da vestimenta porque son os que inventaron os pantalóns vaqueiros, tamén coñecidos como “jeans”. Foron patentados no ano 1873 por os estadounidenses  Levi Strauss  e Jacob Davis . O primeiro era un comerciante de San Francisco que se propuxo facer roupa de traballo para os mineiros a partir da lona das tendas de campaña, mentres que o segundo, xastre de profesión,  dedicábase a remendar tecidos rotos.
Foi Jacob Davis  o que un día, consciente da   tensión que soportaban algunhas zonas dos pantalóns como os petos e as braguetas, decidiu reforzalas con remaches de cobre. Como non tiña diñeiro,  asociouse con Levi Strauss, e ambos conseguiron  patente  dun dos produtos que máis satisfaccións deron ao mundo da  moda.