12/12/2013

Actividade "Que non te pille o machismo"

José María Mur / 1º ESO B
-----------------------------------

Seguro que moitos vos decatastes de que o 25 de novembro foi o día contra a machismo e nós, como nunca nos quedamos calados, imos contarvos como Baiona prestou atención a este día.
Todo foi unha sorpresa, os profesores dixéronnos que iamos facer algo especial esa mañá, pero ninguén nos concretou máis nada.
A esta loita contra o machismo fomos 1º e 2º curso de ESO, pero tamén estaban alumnos do IES Primeiro de Marzo, do CEIP de Belesar e de Fontes.
Cando chegamos á casa do concello, que era o lugar de reunión, tivemos que correr ata o auditorio cun compañeiro, atados os dous xuntos de pés e mans. Isto resultou bastante incómodo e ademais na metade do camiño tivemos que resolver unha proba de intelecto.
Xa no auditorio, as tres parellas que chegaron primeiro fixeron probas relacionadas coa temática dese día, mentres nós quedamos sentados como espectadores, sen poder participar de xeito directo. A pesar disto o día foi entretido e o aprendido incluso mellor.

A miña festividade favorita.

Miriam Rouco /1ºC
---------------------------------------
A miña festividade favorita, sen dúbida ningunha, é o Nadal. É que é, unha preciosa DATA para pasar bos momentos coa túa familia e ''papar'' boa comida. Considero moi importante a familia e reunirnos unha vez ao ano está bastante ben. Como non!
Vós xa o sabedes! Celébrase dende o 25 ao 6 de xaneiro.
En Noite Boa ceamos na casa dos meus avós paternos adoitamos cear vieiras, que por certo, están deliciosas!; de segundo prato carne asada ou peixe ao forno. Ao día seguinte imos  comer á casa dos meus avós maternos, e mira que somos! Case non entra a familia na casa! Pasámolo moi ben disfrutando da compañía de todos e ensinando os agasallos que nos trouxo Papá Noel.

O día de Noite Vella ceamos na casa dos meus avós paternos e despois de cear chega o gran momento da velada: As uvas! Tan unha, tan dúas, tan tres, … e ata doce, non te rías;  pero un ano, cando era  pequena case me atragoo con unha! Despois de felicitar ao resto da familia por teléfono,  pómonos a bailar, tomamos 'cava',  cantamos, rimos…  Pasámolo moi ben e nunca nos aburrimos. Home, somos tantos!

Supoño que o día máis importante para todos os nenos do mundo é  a chegada dos reis. O día 5 de xaneiro en Baiona hai unha cabalgata na que se reparten moitísimos caramelos, logo os meus padriños veñen a cear á miña casa e facemos festa rachada.

Ao día seguinte toca facer o percorrido por todas as casas da familia recollendo os regalos dos reis. Tanta familia que somos! Montón de agasallos...


Espero que pasedes un bo Nadal!

Lucía Rodal /1º C
----------------------------------
O entroido

Esta festividade celébrase a finais de febreiro ou principios de marzo. A min Encántame  porque te disfrazas coma che dea  a gana, de feito ese día podes transformarte no que un queira.  Pásalo xenial cantando e bailando no enterro da sardiña, día en que todas as viúvas van detrás da sardiña chorando e bailando ao ritmo da música ata que se queima na praia. A pena é que con esa festa remátase o entroido.

Celébroa cos amigos e coa familia. Algunhas veces facemos unha merendola e pasámolo xenial. Tamén nos  difrazamos no colexio e algún ano paticipamos na cabalgata.

As orellas é un postre típico desta data, están boísimas. Eu  prepároas na miña casa, sempre, nesta festa.
O máis famoso dos entroidos é o de Brasil. As rúas énchense con grandes carrozas, vestidos espectaculares, luces e música. Son fascinantes e os máis grandes do mundo. Aquí non é tan colorido.

03/12/2013

Entrevista a Jerónimo Pereira, gañador do concurso "Covachef"

Grupo de 1º C
---------------------------------------------------------
O gañador do concurso, "Covachef" concede unha entrevista para o blog Primeiro Expreso.


P. -Tiñas algún outro prato na mente?

R. -A verdade é que si, de feito dubidaba entre a pizza e unhas madalenas de outono.

P. -Por que elixiches esa receita?

R. -Porque supoñía que a maioría ía  facer pratos doces.

P. -Como conseguiches esa receita? Tíñala na casa? Buscáchela en internet ou  deucha algún   familiar?

R. -Foi miña nai quen me deu a idea.

P. -Fixeras a receita antes ou  fixéchela especialmente para o concurso?

R. -Era a primeira vez.

P. -Fixéchela ti só ou axudouche alguén?

R. -Si, axudoume a miña nai.

P. -Canto tempo che levou preparala?

R. -Uns trinta minutos.

P.-Custouche moito facela?

R. -Non, é  moi sinxela.

P. -Cando cociñaches a pizza  pensabas que ía a pasar o que pasou?

R. -Non, nunca pensei que ía ser o gañador.

P. -Hai algún ingrediente segredo que non o dixeras?

R. -Non.

P. -Mentres preparabas a receita, hai algo que che saíra mal e tiveras que repetilo?

R. -Non, saíunos todo á primeira.

P. -Na primeira votación para elixir a comida con mellor presentación,  ao ver que non saías votado, que pensaches?

R. -Que non tiña posibilidades ningunha.

           P. -Que sentiches cando che dixeron que eras o gañador á mellor receita?

           R. - Chorei de alegría.

P. -Estabas nervioso cando che deron o premio?

R. -Moito.

P. -Gustouche o premio ou esperabas outra cosa?

R. -Gustoume moito.

P. -Compraches aos xuíces?

R. -Non…(risas)

P. -Xa gañaras algún premio antes? Que premio?

R. -Si hai anos. Era un libro relacionado co Samaín.

P. -Que fixeches cando chegaches a casa? Que dixo a túa familia cando lle dixeches que gañaras o premio?

R. -Chamar a miña nai por teléfono e contarllo. Ela alegrouse moito.

P. -Despois de probar ti todos os pratos e de  poder elixir, a cal lle darías o primeiro premio?

R. -Daríallo as “Tortitas de cabaza”.

P. -Que foi o mellor dese día?

R. -Gañar o premio e recibir os aplausos de todos os alumnos do centro.




Jerónimo Pereira/1º C
-------------------------------------------------
Pizza de outono

   Ingredientes:
Ø  Base de pizza.
Ø  Unha bandexiña de cogomelos.                       
Ø  Unha peituga de polo picada.                                          
Ø  Queixo relado.
Ø  Tres culleradas de tomate.
Ø  20 noces.
Ø  1/4 de cabaza en lascas.

Preparación
Botar a peituga nunha tixola cunha cullerada de aceite, con pouco lume. Mentres temos a peituga facéndose, botamos noutra tixola os cogomelos  cun chisquiño de allo e aceite. Por outro lado botamos o tomate na base da pizza, logo a cabaza, a peituga, os cogumelos, o queixo e por último as noces. Metémolo ao forno 20 minutos e despois dese tempo estará lista para comer.