12/01/2012

Somos o que comemos ou non?

Carla García, Martín Gómez e Uxía Miniño / 1º C
-------------------------------------------------------
A pizza, as carnes presentadas como bistés, polo, churrasco, criollos, albóndegas ou xamón asado; a pasta con forma de fideos, espaguetes, macarróns ou lasaña; a tortilla de patacas, as salchichas con ovos e as croquetas son as comidas favoritas, e por esta orde, dos alumnos de 1º de ESO (90%). As que menos seguidores teñen son o cocido, as lentellas e o arroz(10%).
As comidas que gustan máis non son as máis sas, de feito, caracterízanse por unha grande cantidade de hidratos de carbono (pastas) e graxa animal (carne), é dicir, pratos cun alto nivel calorífico e enerxético.






Non obstante, obsérvase a falta doutros alimentos na dieta destes rapaces: verduras, peixe e legumes. Sendo estes básicos nas comidas diarias para contar con proteínas ricas en graxas saudables e fibra.
Este pequeno estudo demostra que estes rapaces seguen a liña común da maioría das persoas da súa idade, é dicir, pouco peixe e verdura e moita pizza, pasta e carnes.
Ante a pregunta inicial, somos o que comemos ou non? Podemos dicir que non, xa que non atopamos casos de sobrepeso, isto quizais estea xustificado na actividade física que estes rapaces realizan, facendo que gasten máis enerxía da que consomen.

Sem comentários:

Enviar um comentário