19/12/2011

Tempo de lecer. Actividades para todos

Alejandro Rouco, Gabriel Seoane, Abraham Soto e Alberto Trapero /1ºC
-----------------------------------------------------------------------------
De 61 alumnos de 1º de ESO, só un 12% non practica ningunha actividade extraescolar o que indica que un 88% dedica algunha hora durante varios días á semana a practicar algunha afección que pode ser deportiva, musical ou aprendizaxe dunha lingua estranxeira.

O deporte que máis practican é o fútbol, 12 alumnos, en segundo lugar está aprender inglés, en terceiro lugar séguelle o baloncesto e logo temos actividades como taekwondo, baile, atletismo, natación, tenis ou pesca, practicadas por dous alumnos cada unha. Cun só alumno temos: equitación, monociclismo, loita greco-romana, surf, vela, kárate, saxo, boxeo, gaita, danza, tambor ou pintura que suman un total de 26 alumnos.
Fútbol, baloncesto, taekwondo son practicadas só por nenos. As nenas asisten máis a clases de inglés, danza e pintura, aínda que o atletismo e a natación son femininos totalmente. No caso das clases musicais van nenos e nenas.

Que fan os alumnos de 1º da ESO no tempo de lecer?

Un día de pesca ao completo.
Alejandro Rouco / 1º C
-------------------------------------
Álex, un alumno de 1º C, é un gran afeccionado á pesca de río e de mar.
O día 14 de agosto de 2011, foi co seu cuñado pescar ao río Sil. Pescou con culleriña, rapalas e mosca para coller troitas e peixes (parecido á troita, pero menos preciado pola súa carne)
Non obstante, Alex é un gran afeccionado á pesca no mar, de feito vivir en Baiona axuda a súa paixón. Nesta vila o seu lugar favorito é o porto, xa que é fácil coller algunha peza. Aquí é frecuente pescar robaliza, cabala, pinto, faneca, choco, luras ou calamares e congro. Utiliza cana e os cebos máis habituais son bicho coreano e sardiña.
Tamén ten experiencia na costa, pero esta é moito máis difícil e deixámola para profesionais.

Un día de fútbol na vida de Duarte.
Duarte Nuno Marques / 1º C
-------------------------------------------
Duarte, todos os mércores, vai adestrar para conseguir ser un bo xogador de fútbol. Cando chega e como quecemento xogan por libre sen o adestrador, despois de chegar este segue o seu quecemento, pero con xogos vixiados. Despois disto pasan a facer controis de balóns, se a cousa vai ben incluso poden disputar uns pequenos partidos, de feito teñen tres equipos. O equipo que gana é o que antes consiga meter un gol, senón se mete ningún gol e despois dun tempo sae o equipo que menos tempo xogou. Despois, xa canso, toma unha boa ducha e volta para casa.

Cristian Cabral /1º C fálanos da súa afección, “A loita libre”.
--------------------------------------------------------------
Ola, chamóme Cristian Cabral e son luchador de loita libre e Greco Romana. Vouvos dicir de que se trata, un pouquiño, a miña loita. É unha das formas máis elementais de combate entre individuos e remóntase á prehistoria. É un deporte dos máis completos. Permite o desenvolvemento de todos os músculos do corpo, e ademais, require traballo cerebral para executar movementos, paradas… É un deporte que nos obriga a despregar unha grande forza muscular, pero coa particularidade con respecto a outros deportes de non descompensar a morfoloxía dos deportista. A loita esta incluída nos Xogos Olímpicos desde os tempos máis remotos.

Karting: a paixón de José Luis Vilar / 1º B
-------------------------------------------------
Empezou a interesarse polo karting despois dunhas vacacións á Warner Bros Park. Cando voltaba parou no circuíto de Carlos Sainz e como lle gustou a experiencia alugou un kart no circuíto de Porriño. Estivo uns días indo, cada día facíao mellor, e ao final comprou un. O seu xa acada unha velocidade de 120km/h (ten 85 cc).
Despois dun tempo empezou a competir en serio e na primeira carreira na que participou tivo un accidente grave. Unha vez recuperado seguiu participando en moitas máis carreiras nos anos 2009 e 2010 e converteuse nun piloto gañador ao que coñecen en España, Portugal e Andorra.
Actualmente forma parte do único equipo de karting que hai en Galicia.

"Pasámolo moi ben facendo atletismo"
Uxía Penedo e Andrea Pais / 1º B
-----------------------------------------------
Ó principio comezaron a praticar atletismo Uxía, a súa irmá Carla e o seu curmán Pedro. Ó ano seguinte apuntouse unha compañeira de clase chamada Andrea.
Practican este deporte dende hai un ano e medio. Os martes, mércores e venres adestran en Gondomar e os xoves nas pistas de Balaídos (Vigo).
Comezan o adestramento trotando un pouco pola pista, logo saltan obstáculos e fan abdominais e, por último, estiran.
O seu adestrador chámase Pablo; é marroquí pero fala perfectamente  español. Ten un título de adestrador de Europa, é moi bo cos nenos e corre moi rápido .
A maioría das fins de semana participan en carreiras. Por exemplo, esta fin de semana van ir a unha carreira solidaria no colexio de Bembrive e o domingo teñen outra carreira en Cangas.
Gústalles moito esta afección e pásano moi ben mentres fan deporte.

15/12/2011

Cabalos salvaxes nos montes do Val Miñor

Marcos González Rodríguez / 1º ESO A
--------------------------------------
En Galicia hai bastantes cabalos salvaxes. Soen estar nos montes, cerca das vilas e aldeas. Na zona de Baiona abundan en Mougás, Oia, Torroña, A Groba e Pinzas.
É moi difícil saber o número exacto de cabalos salvaxes que hai nos arredores porque cada ano nacen máis e máis, pero crese que haberá uns 1.500 na comarca. Aliméntanse de herba, toxos, e outros vexetais que nacen nos montes nos que viven. Deste xeito limpan os montes e son beneficiosos para previr os incendios forestais.

Algunhas persoas cómpranos para domesticalos e limpar fincas ou dómanos para montar. Tamén os venden para matalos e comelos.
Todos os anos realízase a rapa das bestas para cortarlles as crinas e o rabo, desparasitalos e marcalos cuns ferros quentes que teñen unhas formas determinadas para identificar o seu dono. Algúns debuxos destes ferros están baseados en petroglifos que hai nos penedos destes montes.
Os curros máis famosos son o de Mougás e o de Torroña e celébranse cada ano no mes de xuño.
A Xunta de Galicia quere que todos os cabalos salvaxes leven un microchip. Este serve para poder identificar ao dono se algún cabalo ten un accidente con algún vehículo. Os donos dos cabalos salvaxes no queren pórllelos porque son demasiado caros e algúns teñen tantas bestas que non poden permitir este gasto. No mes de outubro fixeron unha protesta á que asistiron máis de 600 persoas, 300 delas dacabalo das súas "burras", que é como eles lles chaman.

13/12/2011

Sábado de regatas en Baiona

Jorge González Silva / 1º ESO A
--------------------------------------
O próximo 17 de decembro haberá unha regata de vela na ría de Baiona.
Nesta competición, que dará comezo ás nove da mañá, os nenos de iniciación sairán con optimist de plástico e os alumnos superiores con optimist de fibra, cadete e 420.
Será unha regata con interesantes premios e para gañalos haberá que loitar moito. Desgraciadamente non acudirán rapaces doutros clubs.
O público máis afortunado poderá vela dende os seus barcos pero tamén se poderá apreciar moi ben dende terra firme.

06/12/2011

Tradúcese ao galego o menú escolar

O alumnado do Cova Terreña traduce ao galego o menú do servizo de comedor
Sabela Gallego e Santiago Bernárdez / 1º ESO A
-----------------------------------------------
O alumnado de secundaria, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística, traducirá o menú mensual ao galego durante este curso. Comezaron esta actividade os alumnos de 1º ESO A e os vindeiros meses encargaranse de facelo outros cursos da ESO.
O colexio Cova Terreña conta dende hai varios anos cun servizo de comedor para os seus alumnos. A comida prepáraa a empresa de cátering "El Canario". O menú é variado e equilibrado e vén en caixas térmicas que traen primeiro e segundo prato, ademais de sobremesa.
Cada mes recíbese unha nota que contén o menú mensual no que aparece o xantar para todos os días do mes así como suxestións de cea dirixidas aos pais.
Actualmente son 31 os alumnos e alumnas que fan uso deste servizo de maneira fixa, pero tamén hai quen acode de xeito esporádico. A ANPA é a encargada da súa xestión.